“MULLERES QUE INSPIRAN”

Foi fermosísimo para min participar no evento Alma rural 2021 organizado pola Xunta de Galicia e no que quixen aproveitar a ocasión para mostrar como o meu traballo como emprendedora e deseñadora conecta fortemente coa miña historia persoal e se atopa firmemente arraigado no territorio galego, e moi especialmente no rural.

Na miña intervención fixen referencia á lenda do fío vermello, hoxe tan extendida, trasladándoa a esa conexión tan forte que a poboación galega ten coa súa terra, como se un lazo invisible nos unise a ela. Falei de crises persoais que voltean vidas e obrigan a repensalo todo, crises que acaban sendo oportunidades de aprendizaxe e que che permiten transformarte nunha persoa máis plena. E tamén quixen contar como, no medio de todo esta voráxine, naceu a miña empresa Bela Furtiva, coa idea inicial de querer comunicarme coa miña avoa desde a expresión propia e o deseño.

Non conto máis, porque prefiro que escoites a charla. Aconteceu nunha mañá de outubro e se sentes que algo do que conto che resoa, non dubides en facermo saber.

More Posts

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.