No ano 2021 promovín unha creación audiovisual para a que contei co formidable traballo de Luis Díaz Díaz (na fotografía) e Iván Torres Hernández (no video). Foi un experimento co que se pretendía plasmar un proceso creativo dun xeito metafórico e poético.
O resultado foron varias pezas de video, nove en total, cada unha aludindo a unha desas etapas do proceso creativo e á súa vez todas vencelladas con referencias culturais moi poderosas do imaxinario galego.
Unha das miñas pezas favoritas é “A chispa”, coa que se commemora ese momento en que parece que se acende unha luz e abrolla unha idea.
O video vai acompañado dun texto, escrito e lido por min.
