Sabías que teño unha canle de YouTube? Pois si, e aínda que por agora case que non puiden subir videos, estou traballando para darlle maior dinamismo.

A miña idea inicial era a de compartir temas relacionados coa cultura galega sobre os que vou estudando, de xeito que tamén me obrigaba a min mesma a profundizar sobre eles. Pero proximamente agardo cambiar este enfoque de divulgar a información que recollo a través de diferentes fontes, polo de elaborar contidos nos que se misturen coñecementos máis transversais, relacionados coa cultura galega, pero tamén coa arte, co deseño, coa socioloxía, e dándolle un maior peso á miña aportación persoal.

De feito, como non acabo de estar cómoda divulgando dun xeito máis descritivo sobre temas culturais, creo que xa chegou a hora de cambiar de tercio. E se tivese que apuntar cara onde vai ir a miña próxima publicación diría que vai tratar sobre Erótica e sobre Deseño, e moi especialmente sobre a necesidade de recuperar a erótica nun mundo que se afoga nas súas propias esixencias de productividade e eficiencia.

Con ganas de saber máis? Suscríbete á miña canle! Por agora, nos dous videos que tes disponibles, podes afondar un pouco máis no reparto territorial de Galicia e descubrir como a distribución en lugares, parroquias e comarcas data de miles de anos atrás, e tamén coñecer unha figura moi arraigada na mente da poboación galega en relación á súa organización económica: a Compañía familiar galega.

Aquí tes o enlace:
https://www.youtube.com/@xemavarela

More Posts

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.