O Podcast das Belas Furtivas, que dirixo e presento, é un dos meus proxectos favoritos, porque me permite ter relación con mulleres marabillosas, mentras desenvolvo a miña faceta comunicativa. Nel buscamos dar visibilidade a mulleres terrenais e excepcionais ás que admiramos, e con frecuencia logramos que se abran a contarnos cousas que nos afectan a todas, e a todos, e das que debería falarse máis.
Comezamos a gravar no espazo Pop Up que Bela Furtiva tivo na rúa do Hórreo en Santiago, ao longo de varios meses dos anos 2024 e 2025, grazas ás posibilidades que nos ofrecía contar cun espazo tan amplo. Quero agradecer á emprendedora Lucía Vázquez Salgado por ser a nosa primeira convidada, e confiar en nós cando aínda non fixeramos ningún episodio.
Despois dela pasaron polo Podcast ata agora Branca Novoneyra, Amaia Roldán, Jose Castro, María Meijide, Lourdes García, e Sonia López. E a todas elas tamén lles estou enormemente agradecida, porque con cada unha delas vivín un momento especial.
Seguimos gravando e de seguro que iremos introducindo novidades no formato e na maneira de facer! Non o perdas!
Aquí tes o enlace:
